O Congreso Internacional da Xuventude foi un evento celebrado en Ribeira durante os días 25 e 26 de outubro e organizado pola Dirección Xeral de Xuventude. A el foron invitados catro dos nosos alumnos en calidade de relatores: de 2º de BAC acudiron Aida, Arume e Nerea, para expoñer a súa experiencia no Parlamento Xove do ano pasado. De 4º de ESO foi Javier Maceiras, para presentar o seu proxecto empresarial "Jack´s Macy".
O encontro tivo un contido formativo e se nos brindou a posibilidade de asistir a conferencias de expertos en diferentes ámbitos (empresarial, universitario, ONGS...) de recoñecido prestixio. Por outra banda, tamén lle permitiu aos xoves que participaron en actividades voluntarias expoñer as súas experiencias e coñecer as de outros rapaces. Fotos entrevistas, Congreso de Ribeira
http://mind42.com/public/2e5d71f9-71c8-4fb3-ba52-12d8ce56af3f
No hay comentarios:
Publicar un comentario