domingo, 27 de octubre de 2013

Literapia






        Din que unha vez unha muller lle preguntou a Einstein que facer para que os seus fillos fosem mais intelixentes e Einstein respondeulle: "Leálles contos de fadas". A muller, ríndose, replicoulle; "Xa, e que debo facer despois de lerlles contos de fadas?" E Einstein díxolle: "Pois léalles mais contos de fadas".

        Seguramente, afirma quen conta o sucedido, a escritora Mem Fox, Einstein pensaba que "os contos de fadas requiren unha mente atenta a os detalles, moi activa na resolución de problemas, capaz de viaxar polos camiños da predición e da busca do significado"

      No Congreso celebrado en Ribeira tamén estiveron representantes da organización xuvenil ESTUDANTES SEN FRONTEIRAS presentando unha iniciativa de voluntariado denominada "LITERAPIA". Esta iniciativa lévase a cabo no CHUS, Hospital Clínico de Santiago, e  consiste en actividades de contacontos para os nenos hospitalizados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario