domingo, 10 de noviembre de 2013

Quique Cadaval


   Onte, sábado 9 de novembro, poidemos disfrutar coa actuación de Quique Cadaval, ás 21.30 no local do colectivo A Nosa Terra, en Pontedeume.

   O espectáculo comenzou cunha reflexión sobre os valores que os contos tradicionais están amasando no subconsciente dos nenos pequenos: tanto Hansel e Gretel, como a inocente Brancaneves ou A Bela e a Besta son auténticas bombas axiolóxicas contra a nosa cultura.

   Especial interese tivo para min a súa análise do conto de Carapuchiña Vermella, a cuxo simbolismo terei que engadir unha nova volta de parafuso. Sempre interpretei a carapucha de veludo como unha metáfora do amor. A cor vermella indica paixón e  perigo, ambos significados aparecen fortemente conectados neste conto infantil. Pero, como ben sinala Quique, a carapucha vermella tamén pode ter outro sentido: usábase no medievo para indicar que as mozas xa tiveran a súa primeira menstruación. E revelounos tamén a cara mais sórdida que pode ocultar este conto: non é un pouco "cutre" ter á avoa illada nunha casiña do bosque e levarlle alimentos totalmente inadecuados para súa enfermidade e condición?

   Ante esta cuestión irrefutable, qué podemos facer para redimir a Carapuchiña, fiel compañeira da nosa infancia?

   Podemos, por exemplo, refuxiarnos en interpretacións mais amables deste conto:

  "Muy amada, Caperucita roja es, además, invitada a realizar una misión que complace a su corazón, ya que se trata de llevar a su abuela enferma una tarta hecha con la primera leche de oveja y con el vino, en el cual, en Alemania, se acostumbra a echar flores para perfumarlo. Éstos son, por tanto, los dones de la primavera y de la renovación de la naturaleza, que Caperucita roja va a depositar como ofrenda en casa de su abuela, al concluir el invierno. Es un momento especial y precioso, tras la larga separación invernal, en el que el corazón salta gozoso y el amor se expresa plenamente...".                                                      
                                                                            (Vivir la Magia de los Cuentos, ed. EDAF)

   Pero cal é a correcta, cal é a verdadeira?  En realidade, esta pregunta só pode formularse desde un pensamento unidimensional: todas as facetas da carapuchiña vermella conforman un mesmo tecido inmaterial, o da nosa tradición. Este tecido feito de contrastes e, tamén, de delicados matices actúa sobre nos con tanta realidade como as leis da física ou as verdades irrefutables da ciencia. Tal é a forza e a riqueza dos símbolos.

   Mais alá desta digresión, Quique desvelouse como un home do renacemento: houbo no seu espectáculo un pouco de todo:  interpretacións antropolóxicas, linguísticas e filosofícas...Pero máis importante que todo isto é que conseguiu materializar ás personaxes dos seus contos sobre o escenario. Especialmente o de defuntos que tiña como protagonista a Adelaida logrou arrepiarnos, nun final exacto e preciso no que transmutou a delicada flor de Coleridge nunha chapa de Iron Maiden, ao mais puro estilo do surrealismo galego.


Palabras clave:
Unidimensional,  Marcuse.
Tradición, Gadamer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario