sábado, 7 de febrero de 2015

O Experimento Koshima




Un grupo de  etólogos estaba a investigar a conduta dos macacos da Illa Koshima para comprobar se tiñan a capacidade de desenvolver a aprendizaxe cultural. E acharon un suceso sorprendente: ao botar uns grans de trigo na areia da praia observaron como os escollían traballosamente coas propias mans, ata que un deles tivo a xenial idea de levar uns puñados ao mar e esperar a recoller os grans que flotaban na auga.

O dato realmente curioso desta historia foi que o descobrimento partiu de Imo, unha mona xove de baixa categoría social.  Esta estratexia de Imo incorporouse á praxe do grupo constituíndose como unha aprendizaxe cultural: todos os demais, desde ese día, levaban a areia a agua para decantala.

É un feito casual que Imo fose un individuo marxinal dentro do seu grupo?
Como veremos mais adiante, recentes investigacións sobre o pensamento diverxente poden darnos a resposta... 



Bibliografía:

Animales inteligentes, Sally Boysen. Ed. Océano, ed.2009. pág. 90-93




No hay comentarios:

Publicar un comentario