domingo, 8 de febrero de 2015

Habit




Esta canción de Ought foi clasificada pola revista Rolling Stone como unha das 50 mellores do ano 2014. Se a escoitades faredes unha curta viaxe á escuridade da adición, pois se trata dunha recreación da necesidade, case metafísica, que está nas raices deste fenómeno universal.

Universal, dicimos? A continuación expomos unha síntese dun artigo de Johan Hari publicado no Huffington Post no que tenta desvelar, nas súas palabras: o misterio esencial da adición. O punto de partida da súa tese fundaméntase nun experimento con ratas feito polo psicólogo Bruce Alexander na década dos 70, que construíu un parque para ratas,"Rat Park", obtendo un resultado sorprendente: Ás ratas que levaban unha boa vida non lles gustaba a auga con droga. Este estudo desmontou outros anteriores que tiñan a peculiaridade de usar ratas illadas, que sí mostraban unha marcada tendencia á sofrir adicción pola auga con droga.

Os resultados desta investigación son extrapolables ás persoas? Para atopar a resposta, trasladámonos a un acontecemento real, recollido nos Arquivos de Psiquiatría Xeral: a guerra de Vietnam. Nela o 20% dos soldados estadounidenses convertéronse en adictos á heroína. Sen embargo, cando regresaron a casa, o 95% deles abandoaron as drogas e poucos tiveron a necesidade de someterse á rehabilitación. A conclusión de Johan Hari é que o mecanismo da adición non é desencadeado polas cualidades químicas da sustancia aditiva, dunha maneira extrínseca, senón que debemos buscar as súas causas na negación cultural da maior das necesidades humanas: a de crear vínculos.  A adición só é unha adaptación a este medio cultural: non es tí. É a túa gaiola.

Esta reflexión cobra un novo sentido se a enmarcamos na tradición do pensamento occidental. Foi Descartes, no século XVII, o que mellor expresou o illamento da subxectividade como conciencia pensante: unha conciencia illada ata o límite de estar alienada respecto ao propio corpo, que sentía como algo extrano cuxa existencia precisaba, incluso, ser demostrada. Ás veces penso que vindicar unha demostración da existencia do propio corpo semella mais a extravagancia dun diletante que a reflexión íntima dun pensador honesto. Sen embargo, Descartes non "inventa" nada. Limítase a materializar nun sistema o arquetipo que impregnaba a conciencia colectiva da súa época. Porque se o problema non tivese nigún engarce, pasaría desapercibido. De feito, se quixera describir a súa filosofía con un título escollería "Na procura do vínculo perdido": o solipsismo do eu, a dúbida hiperbólica, a demostración de Deus...sempre detrás de explicacións racionais para restaurar as conexións co corpo e a fuxitiva realidade material.  Unha boa dose de teoría vale para todo: sempre é a receita de occidente.

En resumidas contas, a filosofía de Descartes mostra como a nosa alienación histórica comeza polo propio corpo. Como podemos restaurar o vínculo cos outros seres e coa nosa praxe? Esta cuestión ten moitas respostas na filosofía, comezando polas de Marx e Marcuse. Pero agora preferimos conectala coas consideracións de Richard Sennet na súa obra El Artesano, polo carácter revelador deste fio histórico do pensamento que nos ten presos na gaiola teórica da nosa propia cultura. Nas súas palabras:

la civilización occidental ha tenido un problema de honda raigambre a la hora de establecer conexiones entre la cabeza y la mano. Todas las habilidades, incluso las más abstractas, empiezan como prácticas corporales. 



http://www.huffingtonpost.es/johann-hari/se-ha-descubierto-la-causa_b_6569114.html

http://jpgarcia.blogs.upv.es/2013/08/20/el-artesano-de-richard-sennett/
http://elpais.com/diario/2009/05/16/babelia/1242431417_850215.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario